28 ene 2013

A visita do Profe Moncho

Hoxe tivemos unha desas visitas tan especiais que só son posibles nun ambiente tan acolledor como o noso Club de Lectura. Ademais estreamos os novos mobles de Biblioneme.

Visitounos o profe Moncho. É un profe que coñecemos por ser de Carballo mais, como imparte clases os maiores nos Ciclos Formativos, non podemos falar con el a miúdo. Iso é unha mágoa xa que resulta que é moi bo e sabe moito de libros. Descubrimos que lee case tanto como Éric e que viaxou moito. De feito, é o padriño de Marc xa que foi el quen o trouxo dunha viaxe a Praga.

O profe Moncho foi tan xeneroso que ata nos trouxo agasallos! Xa os amosaremos...

25 ene 2013

Filloas, pancakes & crêpes!

Non nos perdemos a festa que se montou en Biblioneme para o alumnado de 1º ESO coa preparación de fillos, pancakes e crêpes. Como expertos catadores, fomos xurado!!!