30 ene 2012

Visita do Profe Suso

Hoxe, tivemos unha visita que agardamos impacientes! Veu o profe Suso, que nos ensina e ensinou Lingua e Literatura Galega a tod@s. 


Compartiu connosco unhas lecturas e lembranzas fermosísimas. Tivo o agarimoso detalle de preparar a súa visita indo buscar ó faiado uns libros que leu cando era un ouriziño como nós.
Na nosa Biblio, atopamos exemplares e versións da mesma historia e tamén do mesmo autor:

Falounos das lecturas da súa mocidade, contounos a aventura da Bounty, presentounos o escritor ruso León Tolstói e animounos a ler todo canto nos pete!



Tamén nos trouxo libros de texto daquela.

Grazas, profe Suso! 

Éric

23 ene 2012

Unha banda de deseño!

Hoxe, toda a banda estivo lendo (e rindo)
cunhas novas amizades de deseño...

17 ene 2012

Cumple de Laura

Feliz cumple, Laura!

 Bicos 
de
Éric, Membro fundador e Presidente do Club     
e
Os membros: Olalla – Marta – Lois – Nadia G. – Ánxela – Leticia - Ana – Amanda – Alex – Uxia –Sebastián 

16 ene 2012

Manualidades e bri-collage


Collage das Crónicas de Narnia: "O león, a bruxa e o armario",
unha obra de arte realizada por Uxía.

10 ene 2012

Volta ós libros

Hoxe, touconos volver á escola e fixémolo con gañas de contarlle ós compis do Club os libros que lemos no Nadal.

Tamén nos puxemos a traballar para compartir convosco as nosas lecturas. 

- Ficha de lectura
- Etiquetado dos libros


Éric estivo moi pretiño de nós botándonos unha "patiña"!